SinSal Festival

media

2018-2019

Organiza
Sinsal Audio

Coordina
Sinsal Audio

Embajador en la isla
Diego Piñeiro Carrera

Participa
Sistema Lupo
Fermín G Blanco/ Mr Lupo
Carolina Queipo
Víctor González
María Bescansa
Jaime García Vega
Alba Pérez
Belen Vallina González
Marexada S.L
Arte y Garabato

Localización
Isla de San Simón, Redondela.
28 y 29 Xulio 2018

Museo del Mar de Galicia, Vigo
06 y 07 Outubro 2018

Isla de San Simón, Redondela.
26, 27 y 28 Xulio 2019

+info



Verano 2018

Unha illa musical, iso é no que se converte San Simón unha fin de semana ao ano. E aí estivemos, no fondo da ría de Vigo, en pleno verán galego (o suave), rodeados de árbores centenarias e con provisións de comida e bebida “ dabondo”. Ninguén sabía quen tocaría eses días, pero o que si estaba claro era que ía haber ambientazo, que o pasariamos en grande e que quereriamos repetir. E é que o sitio non é moi grande pero aínda cheo de espectadores faise amplo e relaxado, cóidase o lugar e o medio ambiente, tense en conta a todos os participantes e, encima, chégase en barco. What else?

Entre os asistentes, unha chea de intrépidas familias, ou o que é o mesmo, moita xente (de todas as idades) con ganas de xogar ao grande. E para iso estabamos alí. Sistema Lupo coas compañeiras de Arte e Garabato man a man colonizando o espazo, por terra mar e aire! Ao longo do sábado e do domingo, con pequenos e maiores, deseñamos, montamos, desmontamos, axustamos e construímos sen parar todo o que se nos ocorreu que podería facer falta e non había: pequenos refuxios-cabanas para os hermanitos e hermanitas pequenos, torres, fortes e cúpulas geodésicas baixo as que poderiamos ata acampar. O proxecto estrela foi o escenario específico para o público familiar, unha macroestructura de Palitroques colgada en pleno bosquecillo de froiteiros, baixo a que Esteban & Manuel actuaron para nós mentres o sol empezaba a baixar. Vaia gozada, o mellor premio para unha tarde de traballo.

Quedábasenos pequena a illa, e quixemos conquistar o mar, así que montamos unhas estruturas nunhas piraguas e un tras outro fomos saíndo a navegar, ninguén se achega á nosa illa conquistada sen verllas coas nosas arquitecturas flotantes.
Mentres isto pasaba no sur de San Simón, ao norte, na illa de San Antonio, outro grupo de robinsones querían coñecer técnicas de construción sustentable, aínda que fóra á conta de mancharse e empaparse (xogar con auga e barro no verán, que fatal…). Aprendemos a técnica do “ pallabarro” que, con materiais naturais e inmediatos (palla e barro), permite levantar pequenas construcións feitas por nós mesmos. Aí estivemos, mesturando, escurriendo, encofrando e desmoldando peza a peza, para deixalas secar ao sol antes de poñelas en uso. ¿O resultado? Unha nova técnica aprendida, unha chea de pezas Lupo novas, caras riseiras e sucias e cero impacto ambiental.

Todo o que rodea ao SinSal é misterioso e marabilloso, por iso non é posible prometer nada, pero quizais o ano que vén vexámonos de novo nas illas dispostos a xogar moito, aprender máis e pasalo aínda mellor, se é que é posible. Oxalá si!


Outono 2018

A fin de semana do 6-7 de Outubro foi o Sinsal de outono no Museo do Mar de Galicia, en Vigo. E como nos prometeron boa música, boa arquitectura e boa mar non tivemos nin que pensárnolo e alí presentámonos coa nosa didáctica, unha chea de pezas e palitroques e cámara de fotos.

O plan era seguir a idea que Aldo Rossi e César Portela cando expuxeron o edificio: que mellor maneira de facer un museo sobre o mar que metendo no espazo expositivo a ría de Vigo que nos rodea. Eles abriron xanelas nos muros para crear cadros vivos de escenas mariñas, nós empezamos construíndo as nosas xanelas pero a creatividade, a inspiración e un pouco de tolemia foron derivando na intervención sobre a propia arquitectura construída. Os nenos e nenas, e algún espontáneo de máis idade, lanzáronse a modificar os ocos con celosías, tapiados parciais, esculturas antropomórficas… Todo para espremer ao máximo o concepto de “xanela”, a contorna marítima e o propio Lupo de escuma verde.

Animados polo éxito do proxecto e xa con confianza entre nós decidimos facer unha réplica da característica fachada. Niquelao. É certo que houbo un derrube anecdótico, sobre un pequeno operario que levou un baño de pezas de escuma, pero tanto o proceso como o resultado encantarían ao propio Rossi, claramente.

Cando o propio espazo é tan bo é fenomenal ver como se converte no obxecto da dinámica e na escusa para non deixar de xogar. Por iso, sen darnos conta, pasaron 3 horas sen parar de facer e desfacer e unha chea de fotos que non chegan a facer xustiza ao que alí pasou.

Traballar así, e con música de fondo, é o máis. Seguirédesnos tendo dispostos a aparecer nos Sinsal que xurdan e no Museo do Mar sempre que se tercie.


Verán 2019

E outro verán que repetimos!! A fin de semana do 26 ao 28 de Julio volvemos presentar con todos os nosos apeiros na illa de San Simón. O Sen Sal Festival volvía dar cita alí. como desde 2003. Montamos no barco todos os nosos Lupos e Palitroques e unímonos ás 800 persoas citadas alí.

De novo a Illa de San Simón esperábanos, esta vez puidemos conquistar novos espazos, os cales, serviron aos nenos e nenas de búnker, tapiando as súas entradas coas pezas. Ademais crearon novos espazos mediante cúpulas escondidas entre as árbores. Todo, como sempre, acompañado da música e bo rolo de todos os artistas que por alí pasaron. De novo o tempo correu, e a fin de semana voou enseguida. Repetiremos!! Diso que non quede dúbida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
Email
WhatsApp

Arquitectura y educación

Entrevista del espacio de Arquitectura de Radio Voz conducida por el periodista Alberto González en la que Fermín Blanco participa junto con Susana Rodríguez Carballido,

Newsletter

CONTACTO

Organiza un taller Lupo
FAQs Lupo
INFO Y PREGUNTAS FREQÜENTES
ENVÍOS

Envíos a toda España y Portugal.
Envío gratuito en la península Ibérica para la opción de recogida en oficina de envíos.
Envíos al resto de la UE bajo petición.

PAGOS

Con tarjeta de crédito a través de Redys: Visa, MasterCard, Maestro, American Express.

PayPal: a través de tu cuenta de PayPal. Si no tienes una cuenta en PayPal, puedes pagar como invitado a través de tu tarjeta de crédito.

Si alguna de las piezas o partes del producto presentan un desperfecto evidente trataremos de resolverlo sustituyendo el material por otra unidad disponible.

¿TIENES MÁS PREGUNTAS?

Para más aclaraciones, visita nuestra página de PREGUNTAS FREQÜENTES (FAQS)

Esta web utiliza cookies para asegurarte la mejor experiencia en nuestra web.