Cando comezaches a facerte maior?
Un comeza a envellecer a medida que a palabra “xogo” cambia de significado.
Cando es un neno, xogar é divertido, é liberdade e imaxinación. O tempo de xogo é o momento preferido e desexado. As horas pasan lentamente e ben aproveitadas; e as risas, as carreiras, a festa e o despropósito están á orde do día. Xogamos a ser todo e a ser nada, pero sobre todo anhelamos o horizonte infinito que para nós significa ser maior.
Ao chegar ao escenario de persoa responsable, a palabra “xogo” vólvese negativa. “Non xogues coa xente”, “Isto non é un xogo”, “Pero a que estás xogando?” Parece que unha sede sen fin de vinganza nos ataca cando pensamos neses momentos pasados. O noso inconsciente reflicte que esperabamos outra cousa? Quizais nin sequera sexamos un reflexo do que imaxinabamos que íamos ser na nosa infancia, ou quizais as cousas non nos van tan ben porque os adultos esquecémonos de xogar.
Así que vos animo a xogar, a imaxinar e a soñar. Lembraremos como fomos, e, por que non, recuperaremos parte dela.
A que xogabas na túa infancia?
Texto pertencente a blog de ALMUDENA CUETO