Taller de arquitectura no Acuarium Finisterrae.
30 de Xaneiro de 2016
Fundación Luis Seoane
Ciclo Nenoarquitectura
Colaboradores
Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia.
(Delegación de Coruña)
Didáctica
Sistema Lupo
Monitores
Patricia Amil
David Antuña
Loli Diego
Mar Lista
Fotografía
Sistema Lupo
Video
Borja Díaz Carro
Memoria & Fotografías
“Cidades Mergulladas” é un exemplo de Taller puntual dun día realizado en colaboración co Acuarium Finisterrae. Nesta sesión aprovéitase o espectacular ambiente creado no acuario para involucrar aos participantes no fascinante mundo submarino.
Unha primeira sesión teórica fíxonos penetrarnos en diferentes exemplos de pobos e cidades baixo a auga, decisións estratéxicas, desastres naturais ou lendas mestúranse na narración, e fannos viaxar desde os exemplos nacionais máis próximos a Port Royal no Caribe pasando polas cidades chinesas ou a India.
Tras esta sesión exponse un taller creativo onde cada equipo crea unha cidade imaxinada adaptada aos ambientes recreados no acuario onde se simulan diferentes ecosistemas, bateas de mexillón, barrancos ou a plataforma continental.
O traballo en equipo é sempre unha liña común en todos estes talleres, organízanse equipos e cada un intervén nun ecosistema diferente.
Tras esta fase creativa unha tarefa máis dirixida a partir de planos lévanos á construción do Nautilus, o noso Lupo submarino que nos levará de viaxe por todos estes escenarios. O xogo preside cada unha das fases e a xestión de cada momento axuda a fomentar a imaxinación do participantes. Neste caso a presenza de seres vivos, os peixes coas súas miradas e os seus movementos, aumenta un grao máis a empatía e o grao de relación do grupo.