Campamentos de verán “Sol e Cardos”
Lugar
Fundación Luis Seoane
Organiza
Sistema Lupo
Fundación Luis Seoane
Descrición
Bio Lupo é a versión de Lupo baseada na bioconstrucción. Estes bloques fabricados mediante un proceso totalmente ecolóxico, están elaborados a partir dun conglomerado formado pola mestura de palla e barro, no cal, a barbotina (mestura de arxila e auga) forma o elemento ligante da mestura. Técnica similar ao adobe pero coas proporcións investidas, neste caso, utilízase moita máis palla e como elemento de unión do conxunto, a barbotina. Esta técnica é tradicionalmente usada na construción como illamento, no noso caso, é utilizada para a formación de bloques de gran tamaño e á súa vez, de gran lixeireza.
A bioconstrucción está estreitamente ligada coa autoconstrucción, de onde se extrae un enorme compoñente educativo e práctico, «learning by doing». Os participantes forman parte esencial de todo o proceso construtivo do material, o cal, resúmense nos seguintes puntos:
1. Obtención da palla e secado mediante métodos naturais.
2. Elaboración da barbotina/barro (mestura de arxila+auga).
3. Elaboración do conglomerado (palla+barro).
4. Encofrado da mestura por medio de moldes (é importante nesta fase a obtención dunha única masa homoxénea, evitando que se xeren capas de diferentes mesturas na peza).
5. Desmoldado e secado por medios naturais.
Estes talleres levados a cabo en moitas ocasións, especialmente durante os campamentos de verán “Sol e Cardos”, teñen gran acollida entre todos os asistentes. Podendo traballar comunitariamente pequenos e maiores, o único requisito é tolerar mancharse un pouco!
Fotografías