Taller en Segovia no 30 Aniversario da Inscrición da Cidade Vella de Segovia e o Acueducto na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.
Decembro 2015
Organiza
Concello de Segovia
Coordina
Fermín González Blanco
Vanessa Pérez
Eduardo Sánchez
Colaboradores
Luis Miguel Fernández López
Carolina Queipo
Caderno
Borja Díaz Carro
Fotografía
Javier Salcedo
wikicommons
Memoria & Fotografías
É un proxecto didáctico de sistema lupo cuxo obxectivo é trasladar á comunidade o valor e o respecto polo patrimonio histórico, ademais de afianzar eses lazos interterritoriais que unen distintos lugares a través dos seus símbolos.
Neste caso escolleuse o acueducto romano de Segovia como gran referente e optouse por un taller familiar como formato inicial vinculado ás actividades organizadas con motivo da conmemoración dos 30 anos da declaración de Segovia como cidade Patrimonio da Humanidade. Esta declaración supón a un tempo apoiar os valores patrimoniais e potenciar a súa visibilidade internacionalmente.
Dentro desa idea de xerar redes a través do patrimonio que vaian máis aló dos límites territoriais ou nacionais, proponse recompoñer o mapa dos acueductos de orixe romana que aínda se manteñen en pé, isto levaranos desde Segovia a Tarragona, Mérida, Roma, Francia, Alxeria, Túñez, Turquía ou Israel.
Convidámosvos a participar desta viaxe a través da construción en equipo de cada un dos acueductos gozando das súas particularidades e aprendendo a través dos retos propostos.