Mestra de Obra Online
Organiza
Sistema Lupo
Fotos
Equipo Sistema Lupo
Descrición
Mestra de Obra Online nace da extraordinaria situación na que nos atopamos, e tradúcese nunha programación especial dos talleres trimestrais habituais, que permite seguir gozando das didácticas do programa con todo o equipo de Sistema Lupo a través dun cambio de escenario, para poder seguir coa actividade desde nosas propias casas.
Realízanse a través dunha plataforma de vídeo online, polo que simplemente necesítase unha conexión a internet; e dunha maneira sinxela, a través dun link, pódese acceder directamente para participar nas sesións en vivo; intervindo nos talleres e realizando as dinámicas propostas en grupo que, sen dúbida, axudarán a pasar estes días de confinamento compartindo experiencias e retos entre todos.
O programa desenvólvese con propostas de actividades mediante as que convidamos os participantes a que analicen e expoñan medidas e solucións para evitar os seus problemas cotiáns que adoitan aparecer nos centros escolares. A nosa función baséase en dar as pautas para que se realicen as análises correctamente, que vexan que espazos e metodoloxías pódenlles funcionar e axudarlles coas nosas ferramentas para crear ambientes que melloren o estado actual do seu respectivos centro. A actividade exponse de forma que se poidan levar a cabo con materiais que haxa en casa reutilizando obxectos comúns, fomentando desta maneira a creatividade e estimulando a imaxinación dos participantes.
Como é habitual, as sesións están relacionadas con distintas manifestacións artísticas, realízase ao comezo unha fundamentación teórica, para a continuación, lanzarse a realizar as súas propias interpretacións creativas; que se van executando, ensinando e comentando en grupo, xerando en directo unha dinámica activa e de cooperación entre todos.