“Reducir a brecha entre dicir e facer”
experimental
colaborativo
educativo
Proxecto educativo integral e experimental centrado no traballo colaborativo e que favoreza o espírito de comunidade dentro da escola e da súa contorna.
Proxecto realizado, nas máximas condicións de complicidade entre alumnado, profesorado, familias, e administración coa coordinación docente a través dos centros de formación do profesorado.
O programa está en marcha en diferentes centros, todos eles da rede pública.
Señor Lupo explica como transformamos os espazos en Sistema Lupo
Dende a nosa profesión de arquitectos e educadores, acompañamos a diferentes comunidades educativas para analizar a situación dos seus centros e propoñer proxectos pedagóxicos e arquitectónicos.
cada proxecto é único
Lonxe de propoñer un catálogo de solucións de aplicación indistinta, Sistema Lupo propón proxectos adaptados ás necesidades e capacidades de cada comunidade e, por suposto, adaptados ao proxecto educativo do propio centro. Cada centro abre unha nova historia. Neste apartado pódense visitar os proxectos por centros ou por categorías temáticas.
Todos os nosos proxectos desenvólvense con foco principal en:
Cóntanos cales son os teus obxectivos principais e falamos de como podemos axudarche a transformar o teu centro.