Fuentesauco, Zamora
Xullo 2019
Organiza
Amag! magazime [web]
Maushaus [web]
Equipo
Fermín González Blanco
Jose María Castrillo Neira
Alba Pérez Fernández
Luis Miguel Fernández López
Vídeo
Alba Pérez Fernández
Descrición
Desde a revista Amag! de arquitectura para nenos, solicitóusenos realizar unha colaboración. Unha didáctica en forma de vídeo que propuxese xogos a partir da arquitectura e que estivese en relación coa casa.
De aquí nace a nosa didáctica “O espírito da árbore”. A didáctica que ofrecemos é unha mestura de experiencias dentro de ámbitos variados: o doméstico-familiar pola nosa condición de pais; o profesional pola nosa condición de arquitectos; o educativo regrado; e o noso ámbito favorito, a través da nosa experiencia educativa nos museos. Recomendamos un uso fragmentado do que aquí se mostra, podendo aplicarse unha parte, dúas, e se o tempo e as circunstancias son propicias, a didáctica íntegra en todas as súas escalas e tempos…
Construír nas árbores, un soño de infancia e tamén un proxecto cheo de potencial educativo que nos encantou experimentar en diferentes escalas. Animádevos!!
Propoñemos estos tres tempos:
- A análise, o contexto, o bosque do mundo.
- O proxecto; debuxos e maquetas
- A gran escala, o espazo
> Análise:
Caderno de obra do arquitecto. Como punto de partida proponse un traballo individual a través do caderno de obra, un prego de follas dobradas. Recomendamos fixarnos na árbore como primeiro capítulo, para que cada neno elixa unha especie que terá que analizar. A investigación pode centrarse na estrutura da árbore, folla, froito… Se é posible, pódese crear un herbario con toda a clase e se as condicións non o permiten, debúxanse e recórtanse as follas ou se elabora un híbrido mesturando as especies autóctonas con mostras reais e as alóctonas con debuxos.
A maqueta. Facer maquetas é unha boa forma de pensar coas nosas mans, así introducimos habilidades manuais, manipulamos materiais, para esta fase é conveniente facer pequenos grupos. Puxemos un exemplo cunha estrutura de base sinxela en forma de tetraedro sempre estable recuberto coa técnica de cestería libre. Iso permítenos utilizar materiais naturais. Pero as caixas de cereais perforadas nos soportes verticais dos servilleteros como un tronco de árbore ou arxila e o barro para modelar tamén funcionan ben. Non está de máis un punto de abstracción na elaboración das maquetas, enriquecendo así o proceso creativo que se está a propoñer.
> O proxecto:
Despois da fase analítica pasamos ao proxecto con todas as variantes que se nos ocorren, que inclúe as formas, os materiais, a estrutura, a disposición interior e por suposto a accesibilidade… O libro segue medrando.
> A gran escala, o espazo:
Ser capaz de alcanzar a escala real, permíteche explorar o espazo. Xa sexa cunha estrutura efémera onde os nenos entran nela para contar as súas historias de medo ou gozar de xogos simbólicos ou, se se dan as circunstancias, poder construír unha destas casas nas árbores do patio. Isto abre un novo e extenso capítulo. O noso exemplo familiar explícase na web http://ferminblanco.com/web/?page_id=4511
O contrasinal de acceso define a entrada a ese mundo privado cheo de misterios, propoñemos un xogo de palabras para decodificar o acceso. Terás que adiviñar o nome do espírito en dúas fases; identifica a especie da árbore e altera a orde das sílabas ou das letras (se é monosílaba), atréveste a probalo coas árbores que coñeces? Nós desciframos o noso… Estades todos convidados amigos!