Experimenta
DENISE SCOTT BROWN. APRENDIENDO DE LAS VEGAS
26-27 xuño 2021
Nesta sesión do ciclo Mies é Máis abórdase o traballo realizado pola arquitecta, urbanista e profesora Denise Scott Brown.
Concebía a arquitectura como unha revisión da cultura Pop, dos anuncios e valos publicitarios, do ordinario; e escribiu un libro con Robert Venturi, Learning from Las Vegas, onde explican todo o que promove o posmodernismo.
No taller vemos fotografías de Las Vegas para coñecer esta cultura e diferenciar o que Scott Brown chamaba edificios pato ou tinglados decorativos, e recréase unha noite en Las Vegas simulando os anuncios de luces e neóns.
Selección do material utilizado