Organiza
Fundación Luis Seoane
Datas
28 Xuño a 30 Xullo 2021
Horario
10:00 h a 14:00 h
Didáctica
Sistema Lupo
Idades
4 a 12 años
Folla de inscrición [descarga]
[+info]
Que é Sol e Cardos?
A edición e os retos creativos serán a temática dos nosos campamentos Sol e cardos 2021. As nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos organizaranse segundo grupos de idade para realizar proxectos artísticos e editoriais baseados no Laboratorio Escóitasme? Cada día traballaremos sobre un tema, nos que a obra plástica, o pensamento e o universo de Luís Seoane son os motores do curso. Ao final de cada sesión propoñerase un reto para desenvolver. Ao día seguinte, todos expoñeremos os nosos traballos e comentarémolos. En paralelo, desenvolveremos un taller de edición e encadernación, que rematará coa presentación do catálogo da exposición Escóitasme?
Cada semana abordaremos, mediante a dinámica de retos creativos, os seguintes puntos:
-Presentación do artista invitado e reto proposto
-Dicionario de palabros inventados
-Deseña a túa propia exposición e caderno de artista.
A didáctica será impartida polo equipo de Sistema Lupo en colaboración co creador Tono Galán, relacionando arquitectura, deseño, edición e a experiencia artística. A través do xogo os participantes mergullaranse en procesos creativos que implicarán o traballo en equipo a través de dinámicas cooperativas.
Para participar, é necesario formalizar a matrícula correspondente, descargable na ligazón adxunta: Folla de inscrición [descarga]