Campamentos de verán. Arquitectura didáctica participativa.
Lugar
Fundación Cerezales Antonino y Cinia
Data
4-7 de agosto 2014
Proxecto didáctico
Sistema Lupo
Didáctica
Fundación Cerezales
Descrición
Arquitecturas de papel é un obradoiro participativo para a realización de construcións arquitectónicas en equipo. Dirixido a nenos de 6 a 10 anos, desenvólvese na contorna da Fundación Cerezales Antonino e Cinia dentro dos talleres estivais “Encerezados”.
O obradoiro, que se desenvolve ao longo dunha semana, pretende achegar aos participantes ao mundo da arquitectura a través do material.
As xornadas sucédense a través dun traballo diario baseado en diferentes materiais e técnicas relacionadas coa arquitectura desde o papel, a madeira, o adobe ou o bioplástico, pasando por técnicas e sistemas construtivos tradicionais e vangardistas.
O mundo natural serve de guía en todo este proceso, concretamente o mundo das aves e os animais achégannos aos requirimentos propios do hábitat, o refuxio e tamén a escala e as estruturas.
Fotografías