Manifesta
ALEJANDRO DE LA SOTA. BLOQUES LÓGICOS
30 de maio – 31 de maio de 2020
A sesión do ciclo Mies é Máis no mes de Maio desenvólvese en modo online debido á extraordinaria situación sanitaria na que nos atopamos, que non permite realizar os talleres no seu formato habitual de maneira presencial. Nesta ocasión centrámonos na vida e obra do mestre galego Alejandro da Sota, mostrando as distintas etapas arquitectónicas dos seus proxectos.
Para as propostas prácticas baseámonos na súa idea dun cubo que funcione, facendo un módulo que axuda a xerar un interior sinxelo, e á vez, un exterior a modo de contedor que reflicte a sinxeleza formal como fin en si mesma.
Para iso, e adecuándonos a materiais fáciles de manipular na casa, realizamos triedros de papel que colocamos en varios planos horizontais xogando con distintas posicións, obtendo como resultado formal un gran cubo; e satisfacendo así as condicións que Sota conseguía nas súas obras: adición, flexibilidade, modificación e adecuación a usos múltiples.
Selección do material utilizado