“Aprender facendo”
aplicación práctica tradúcese en obradoiros
Utilízase a didáctica de Sistema Lupo tanto no referido ao material como aos contidos. É unha didáctica experimental que fomenta a reflexión e a creatividade individuais ademais do traballo en equipo a través de dinámicas de construción a gran escala.
O traballo colaborativo nega a titularidade individual do traballo realizado, o reto é aceptado por todos e todos participamos do seu éxito (ou fracaso, en caso de colapso estrutural).
Aínda que non sempre na mesma orde, sempre hai unha parte teórica cos contidos a traballar e outra práctica experimental.
É a fase na que contamos cos retos (moitos deles descargables da web).
a fase de resolución do reto en equipos leva a un proceso cooperativo.
A fase creativa é o resultado do proceso anterior.
Os programas son obradoiros continuos secuenciados no tempo (semanais ou mensuais). Os obradoiros permiten afondar nos contidos a través da sucesión de sesións e todas elas parten do ensino non regrado, xeralmente de museos e centros de arte ou historia contemporánea, asociacións ou colexios profesionais.
Cóntanos cales son os teus obxectivos principais e falemos do obradoiro ou programa que se adapte ás túas necesidades.