Xogo de 40 cartas con retos e niveis de dificultade para utilizar conxuntamente con algún dos xogos modulares de Sistema Lupo.
¿Como se xoga ao novo EcoLupo 3 ao incorporar as cartas?
MODO RETO
1. Selecciona un reto. Pode ser un reto en 2D ou en 3D.
2. Selecciona unha dificultade entre as cartas negras:
– Básico. Constrúe o reto sen dificultades engadidas.
– Destreza. Constrúe o reto cos ollos pechados ou coa túa man non dominante.
– Tempo. Constrúe o reto nun límite de tempo, ou ben, observa a carta durante un tempo e construyela de memoria.
– Simetría. Constrúe o reto coma se mirásela nun espello.
3. Se tes dificultades co reto, dálle a volta á carta e terás unha axuda.
MODO CREATIVO
1. Deixa voar a túa imaxinación para realizar novas formas e construcións.
2. Constrúeas en Lupo Dixital e compárteas no facebook de Sistema Lupo.
TIPOS DE CARTAS SEGUNDO A NUMERACIÓN
1 > Dificultade
2-4 > Retos 2D en plano
5-6 > Retos 2D en vertical
7-9 > Retos 3D
10 > Especial 2 xogos