Lupo Block

MATERIAIS

Lupo Block é a serie esencial de Sistema Lupo, fabricada de modo artesanal en madeira de castaño sen tratar.
As súas pezas constitúen a xeometría lupo no seu estado puro, sen ancoraxes nin unións, o seu aparello realízase por gravidade ou encaixe segundo as xeometrías utilizadas.

Building blocks
O seu nome remítenos á gran tradición centroeuropea dos “building blocks” bloques de construción que son ao tempo símbolo universal dos primeiros achegamentos da pedagoxía ao por entón novidoso concepto de “infancia”.

Didáctica
A través do Lupo block pode iniciarse un achegamento á didáctica lupo.
O saco inclúe uns retos a realizar coas 13 pezas, as súas aplicacións poden estenderse á visión en 2 e 3 dimensións, a memoria visual ou os xogos matemáticos.
De 3 a 99 anos, o seu uso non é só infantil, e as súas aplicacións son xeneralizadas tamén en adultos.

Edicións especiais
O stock xeral é en madeira de castaño pero podemos fabricar as pezas nunha extensa gama de madeiras frondosas europeas como o haxa, o carballo, o pradairo, o freixo, a cerdeira ou a nogueira mesmo realizar lupo xilotecas (mestura de todas elas).

Tamén realizamos edicións especiais procedentes de madeiras reutilizadas, como lupos realizados a partir de mesas de plátano ou de doelas de carballo procedentes de barricas. Se tes un moble vello ou unha partida de madeira sen uso aparente non dubides en contactar connosco para darlle unha nova vida.

Contido
13 pezas (2 de cada unha das 7 xeometrías, a excepción da OU cunha unidade).
Saco de algodón para o seu gardado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
Email
WhatsApp

Super Lupo Escuma

Super Lupo Escuma é un xoguete de construción especialmente destinado á gran escala. O material de que se compón é polietileno de baixa densidade, de

Moldes Lupo

Moldes para fabricar as túas propias pezas Lupo con pasta de modelar de uso escolar ou plastilina. Con este recurso pódese completar o catálogo de

INFO Y PREGUNTAS FREQÜENTES
ENVÍOS

Envíos a toda España y Portugal.
Envío gratuito en la península Ibérica para la opción de recogida en oficina de envíos.
Envíos al resto de la UE bajo petición.

PAGOS

Con tarjeta de crédito a través de Redys: Visa, MasterCard, Maestro, American Express.

PayPal: a través de tu cuenta de PayPal. Si no tienes una cuenta en PayPal, puedes pagar como invitado a través de tu tarjeta de crédito.

Si alguna de las piezas o partes del producto presentan un desperfecto evidente trataremos de resolverlo sustituyendo el material por otra unidad disponible.

¿TIENES MÁS PREGUNTAS?

Para más aclaraciones, visita nuestra página de PREGUNTAS FREQÜENTES (FAQS)

Este sitio web utiliza cookies para garantirche a mellor experiencia no noso sitio web.