Crónica do Campus Veranes en Xixón

Crónica do Campus Veranes en Xixón

media

Alguén dixo unha vez: “cando vaias a Roma, fai o que fagan os romanos” *. Pois iso, que nos fomos ata a Vila romana de Veranes, romanizamonos mentalmente e fixemos as cousas como eles facíanas.

Sorprendentemente é un dito inglés: “ When in Rome, do as the Romans do”

Cada día, durante unha semana de agosto, 13 tolos de Roma, a arquitectura e a diversión madrugaban un pouco (no verán!) para pasar a mañá inmersos na construción romana.

Cando tes menos de 9 anos e ves unha imaxe de Vitruvio, irremediablemente éntrache a risa frouxa, así que a xornada non podía empezar mellor. Unha vez superada a falta de venustas do pobre home, centrabámonos no que deixou escrito, e a través da firmitas, a utilitas e a venustas percorremos as cidades, as vilas e mesmo os campamentos militares do imperio romano. Aprendemos como construír edificios que duren polo menos 2000 anos, que solucións e enxeños utilizar para que funcionen ben e cales son as formas e elementos máis adecuados en cada caso.

E daquela ao choio! Faciamos todo o que se nos ocorreu que farían os antigos enxeñeiros romanos: ler planos para facer maquetas a pequena escala ou construcións xigantes, organizar un equipo e repartirse as tarefas valorando as habilidades de cada un, traballar en equipo para levantar grandes obras, idear sistemas de arriostramento contra os ventos, explorar e analizar a Vila romana para aprender “in situ”, deseñar e debuxar os planos dos nosos propios arcos de triunfo para que outros o saiban replicar, se ata reformulamos un río para salvalo con pontes! Con poxa de pezas incluída!

Total, que de arquitectura romana aprendemos moito, pero ademáis pasámolo en grande incluíndo nosas propias ideas e levándoas a cabo entre todos que, en realidade, é máis difícil (e tamén máis divertido).

Por máis veráns en Veranes! SPQR!

_
+ información do proyecto Pilpayu [aquí]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
Email
WhatsApp

Arquitectura y educación

Entrevista del espacio de Arquitectura de Radio Voz conducida por el periodista Alberto González en la que Fermín Blanco participa junto con Susana Rodríguez Carballido,

Newsletter

CONTACTO

Organiza un taller Lupo
FAQs Lupo
INFO Y PREGUNTAS FREQÜENTES
ENVÍOS

Envíos a toda España y Portugal.
Envío gratuito en la península Ibérica para la opción de recogida en oficina de envíos.
Envíos al resto de la UE bajo petición.

PAGOS

Con tarjeta de crédito a través de Redys: Visa, MasterCard, Maestro, American Express.

PayPal: a través de tu cuenta de PayPal. Si no tienes una cuenta en PayPal, puedes pagar como invitado a través de tu tarjeta de crédito.

Si alguna de las piezas o partes del producto presentan un desperfecto evidente trataremos de resolverlo sustituyendo el material por otra unidad disponible.

¿TIENES MÁS PREGUNTAS?

Para más aclaraciones, visita nuestra página de PREGUNTAS FREQÜENTES (FAQS)

Esta web utiliza cookies para asegurarte la mejor experiencia en nuestra web.