“Somos o que producimos e producimos o que investigamos”.
En Sistema Lupo consideramos importante realizar traballos de investigación e divulgación sobre arquitectura e ensinanza que non só abranguen a infancia, senón que se estendan a outros ámbitos como o ensino universitario, o ensino especial ou o ensino non regrado.
Este labor de difusión realízase a través de diferentes vías: colaboración en publicacións e edición de documentos propios; numerosas conferencias impartidas sobre as diferentes perspectivas do proxecto; a organización de actos de reflexión, formación ou participación e participación en cursos, seminarios e grupos de traballo.
aprendizaxe e formación continua
Quizais o noso formato favorito e sen dúbida o máis habitual para a difusión do proxecto.
Dende os seus inicios, Sistema Lupo mantivo unha presenza activa en congresos especializados nacionais e internacionais, tanto como relatores e responsables de talleres como, en ocasións, como organizadores.
Especialmente os relacionados coa formación do profesorado . En colaboración con universidades e centros de formación e recursos.
No noso esforzo por avanzar a nivel práctico, iniciamos diferentes proxectos de investigación en colaboración con empresas, universidades ou laboratorios de investigación.
Algunhas destas experiencias quedan nun nivel meramente experimental e outras poden ser catalogadas como «produtos» cuxa saída ao mercado nos proporciona un extra económico que mantén vivo o proxecto en termos económicos. Ao mesmo tempo mantén a nosa independencia creativa pois todos estes proxectos reforzan os nosos principios de traballo con entes locais onde o emprendemento é a clave fundamental para interpretar o noso desenvolvemento.
Todos os nosos produtos están avalados polos laboratorios AIJU especializados na industria xoguetera e contan coa pertinente etiquetaxe CE. Foron fabricados na Península Ibérica e aínda que industrializados, en todos pervive un pouso artesanal. Este concepto artesanal é máis evidente nuns que noutros, pero común a todos eles.
Todos comparten a mesma patente:
No ámbito científico destacan os artigos de investigación e a participación en catálogos ou actas de congresos, todos eles no ámbito da educación, a arte, a arquitectura e o deseño de produtos.
No ámbito universitario as experiencias son heteroxéneas.
Moitos baséanse na colaboración con equipos de investigación para a transferencia de coñecemento á sociedade.
Outros son programas vinculados á investigación aplicada a través de materias universitarias específicas nos ámbitos da historia, arquitectura, urbanismo, paisaxe, participación, técnica ou enxeñaría e pedagoxía.
Déixanos unha mensaxe se estás interesado no noso proxecto e colabora na súa difusión.